Kia Cerato... Vaia anuncio...
Paréce-me unha vergoña. Un cachondeo. Unha falta de respeto. Non entendo como cun tema tan delicado e tan denigrante se pode seguir dando corda. En artigos anteriores, comentei que me semellaba insultante tanto para desportistas como para espectadores que as recogepelotas de ténis fosen modelos de Hugo Boss, e non os chavais e chavalas que con tanto esforzo, lograban que os tenistas tivesen todas as bolas á sua disposición e que a organización dos torneos fose moito mellor esperado. neste anuncio de Kia, vemos como duas rapaces, antes de se meter no seu carro, están a conversar, guardando as compras do dia. Unha pergunta-lle a outra:
- ,O que che semella que os recogepelotas sexan modelos?
¿É esa unha pergunta frecuente na sociedade? Ten sentido o anuncio? O que relazón exacta teñen os modelos coas propriedades do veículo? Ao entrar no carro, a condutora olla no asento traseiro comproba que ten a tres Ballboys sentados. Os dous comezan a rir de forma toleada e comezan a conducir. Até o momento final no que fala unha voz en off non se cita nengunha propriedade do veículo nen nengunha das satisfacións que nos poda proporcionar o carro... Non sei, un anuncio mais sen sentido, que encima lembra á sociedade que somos tan parvos de pór modelos como recogepelotas. Cada profisional ao seu posto de traballo, sexa home ou muller...
1 comentario
David -
Una conocida marca de coches, sacó unos modelos con los faros traseros con aspecto cristalino transparente, pues ahora todos los "tunneantes" desfrazan sus coches así, resulta que esa estética es tan maravillosa que gusta a todos, lo mismo sucede en un tiempo a esta parte al llevar los retrovisores cromados, eso lo sacó hace años ya el Audi A3 sin mas éxito ni gloria, algún personajillo debió de ponerlo en su coche y ahora no hago más que ver retrovisores cromados...